O folclore de Castrelo de Miño chega ao CEIP Astariz cun novo fanzine de Samaín

Uncategorized

Fecha

28/10/2026

Lugar

CEIP Astariz

Descripción

Aldea Vella volveu ao CEIP Astariz para compartir co alumnado unha nova proposta arredor do patrimonio cultural de Castrelo de Miño: un fanzine de Samaín protagonizado pola Picacigüeña e a Mimuliña, dúas figuras tradicionais do Entroido recuperadas a partir das investigacións do etnógrafo Xosé Anxo Rosales.
Nesta ocasión, as dúas protagonistas viven unha divertida aventura de Samaín. Impacientes por que chegue o Entroido, deciden probar sorte asustando á xente, pero axiña descubrirán que non todo sae como agardaban.
Tras a presentación do fanzine, o alumnado de Educación Primaria participou en dúas actividades creativas para coñecer e achegarse un pouco máis ás tradicións e ao folclore galego.
Desde hai anos, Aldea Vella colabora co CEIP Astariz para achegar ao alumnado as tradicións de Castrelo de Miño e outras manifestacións do folclore galego, contribuíndo á súa recuperación, difusión e transmisión.
Agradecemos ao CEIP Astariz que nos abra as portas un ano máis e á Celia Millón, responsable do deseño e das ilustracións do fanzine, así como á OMIX de Ribadavia, pola súa colaboración nesta iniciativa.

Créditos do fanzine
Deseño e ilustracións: Celia Millón
Texto: Sonia Taboada e Brian Adams
Colabora: OMIX de Ribadavia


Colabora co IV Folk Horror Festival

Uncategorized

Data

10-24/10/2026

Lugar

Castrelo de Miño

Descripción

Queres colaborar co IV Folk Horror Festival?

O IV Folk Horror Festival é unha cita única que converte o patrimonio, as tradicións e o imaxinario popular no fío condutor dunha programación diversa, con cinema, música, obradoiros, conferencias e outras propostas culturais. Ademais, acolle o Festival Internacional de Curtametraxes de Folk Horror, que reúne obras chegadas de diferentes lugares do mundo.

Queremos seguir facendo medrar este proxecto da man de empresas, entidades e persoas que compartan a nosa visión e queiran formar parte desta cuarta edición.

Se queres colaborar como patrocinador/a, solicítanos o noso dossier de patrocinio e coñece as diferentes formas de apoiar o festival.

Escríbenos por mensaxe privada ou WhatsApp.

Facemos medrar xuntos un festival único. Porque manter vivo o rural tamén é apostar pola cultura.

Ir á web do festivalVer anteriores edicións

Noite de verán

Uncategorized

Data

11/07/2026

Lugar

Asociación Cultural Penedo da Forca - Prado

Descripción

🌞🍷 NOITE DE VERÁN EN PRADO 🌿🎬
O vindeiro sábado 11 de xullo agardámoste para compartir unha desas noites que saben a verán na aldea. 💛
🎲 Xogos populares (19:00-20:30 h) de balde.
🍽️ Cea de verán (21:30 h): vermú, empanada, lacón, ensalada, postre, café, viño e licor. 18 € // menores de 12 anos gratis.
🎥 Proxección sorpresa ao aire libre para rematar a noite. (23:00 h aprox.) De balde.
📍 Prado (Castrelo de Miño)
📅 Reserva antes do 9 de xullo en Casa Niño Os Paxariños ou no 611 808 375.


Roteiro das herbas de San Xoán

Uncategorized

Data

23/06/2026

Lugar

Praza da Igrexa - Astariz

Descripción

🌿✨ Un paseo para aprender a recoñecer e recoller as herbas de San Xoán 💐
Descubriremos a tradición e o significado deste rito nesta noite máxica 🌙
Vén compartir un serán diferente entre natureza e tradición 💐🔥
📍 Saída da Praza da Igrexa, Astariz
🗓 Martes 23 de xuño
🕢 19:30
💚 Actividade de balde!
Agardámoste! 🌙🍃


Noite de San Xoán

Uncategorized

Data

23/06/2026

Lugar

Asociación Cultural Penedo da Forca - Prado

Descripción

✨ Lume, música, tradición e boa compaña…
Este San Xoán vémonos arredor da fogueira 🔥🐟
🎟 Tickets á venda en Casa Niño “Os Paxariños” (Prado) ata o venres 19 de xuño
📞 611 808 375
📍 Asociación Cultural Penedo da Forca, Prado
🗓 Martes 23 de xuño
🕤 21:30 H


Churrascada

Uncategorized

Data

25/04/2026

Lugar

Asociación Cultural Penedo da Forca - Prado

Descripción

O vindeiro sábado 25 de abril as 14:00h temos planazo!!
No local da Asociación Cultural Penedo da Forca haberá boa comido, viño e mellor compañía.
Agardámosvos!


Privacy Preference Center