O folclore de Castrelo de Miño chega ao CEIP Astariz cun novo fanzine de Samaín

Fecha

28/10/2026

Lugar

CEIP Astariz

Descripción

Aldea Vella volveu ao CEIP Astariz para compartir co alumnado unha nova proposta arredor do patrimonio cultural de Castrelo de Miño: un fanzine de Samaín protagonizado pola Picacigüeña e a Mimuliña, dúas figuras tradicionais do Entroido recuperadas a partir das investigacións do etnógrafo Xosé Anxo Rosales.
Nesta ocasión, as dúas protagonistas viven unha divertida aventura de Samaín. Impacientes por que chegue o Entroido, deciden probar sorte asustando á xente, pero axiña descubrirán que non todo sae como agardaban.
Tras a presentación do fanzine, o alumnado de Educación Primaria participou en dúas actividades creativas para coñecer e achegarse un pouco máis ás tradicións e ao folclore galego.
Desde hai anos, Aldea Vella colabora co CEIP Astariz para achegar ao alumnado as tradicións de Castrelo de Miño e outras manifestacións do folclore galego, contribuíndo á súa recuperación, difusión e transmisión.
Agradecemos ao CEIP Astariz que nos abra as portas un ano máis e á Celia Millón, responsable do deseño e das ilustracións do fanzine, así como á OMIX de Ribadavia, pola súa colaboración nesta iniciativa.

Créditos do fanzine
Deseño e ilustracións: Celia Millón
Texto: Sonia Taboada e Brian Adams
Colabora: OMIX de Ribadavia

Privacy Preference Center