Máis que actividades, encontros.

Por iso organizamos encontros, festas, obradoiros e actividades que buscan algo máis ca encher o calendario: pretenden fortalecer os lazos entre nós, recuperar saberes que estaban a piques de desaparecer e darlle nova vida aos espazos que forman parte da nosa historia compartida.

A herdanza que nos move.

Cada pedra dun muro, cada fonte, cada sendeiro ten unha historia que contar. E nós cremos que esas historias merecen ser escoitadas, coidadas e transmitidas ás xeracións vindeiras. Non se trata só de mirar cara atrás con nostalxia, senón de entender de onde vimos para decidir con máis forza cara a onde queremos ir.

Na Asociación Cultural Aldea Vella traballamos coa ilusión de quen sabe que o rural ten futuro se hai comunidade, se hai compromiso e se hai orgullo polo propio.
 
Porque manter viva unha aldea non é só habitala, é sentila, compartila e defendela.

E ti, agora que xa sabes quen somos...

de quen ves sendo?

Privacy Preference Center