II Folk Horror Festival
Data
31/10/2019
Lugar
Astariz
Descripción
Cando a noite do 31 de outubro se achega, a bruma e o misterio apoderanse de Astariz. Solsticios, lendas e o folclore máis escuro danse cita nunha xornada deseñada para os amantes do terror e do patrimonio local.
Atréveste a entrar? Unha experiencia arriscada e diferente no corazón de Castrelo de Miño, onde a cultura popular se cruza co cine de xénero, a enoloxía e o suspense.
Programa de actividades:
-
18:00 h – Visita de Medo a Adegas Celme con cata
-
20:00 h – Mostra de Curtas de Terror.
-
22:00 h – Pasaxe de Terror.
A gran experiencia de suspense e ambientación nocturna polas rúas e os recunchos de Astariz.
Organiza a Asociación Cultural Aldea Vella en colaboración con Adegas Celme, Agropino, Sindicato del Comic, Bodegas Lareira, Grupos Reboreda, Pazo de Razamonde, Bodegas Uceira e Pousadoiro.







