I Folk Horror Festival
Data
31/10/2018
Lugar
Astariz
Descripción
Cando a noite do 31 de outubro se achega, a bruma e o misterio apoderanse de Astariz. Atréveste a entrar?
Unha experiencia arrepiante deseñada para os amantes do terror e da nosa tradición, onde o patrimonio, as lendas e o viño se funden nunha xornada inesquecible no corazón de Castrelo de Miño.
Programación do evento:
-
18:00 h – Visita de Medo a Adegas Celme con cata.
-
20:00 h – Mostra de Curtas de Terror.
-
22:00 h – Pasaxe de Terror.
Organiza a Asociación Cultural Aldea Vella en colaboración co Concello de Castrelo de Miño, Zinemusik Producciones, Adegas Celme e patrocinadores locais.






