Colabora co IV Folk Horror Festival

Data

10-24/10/2026

Lugar

Castrelo de Miño

Descripción

Queres colaborar co IV Folk Horror Festival?

O IV Folk Horror Festival é unha cita única que converte o patrimonio, as tradicións e o imaxinario popular no fío condutor dunha programación diversa, con cinema, música, obradoiros, conferencias e outras propostas culturais. Ademais, acolle o Festival Internacional de Curtametraxes de Folk Horror, que reúne obras chegadas de diferentes lugares do mundo.

Queremos seguir facendo medrar este proxecto da man de empresas, entidades e persoas que compartan a nosa visión e queiran formar parte desta cuarta edición.

Se queres colaborar como patrocinador/a, solicítanos o noso dossier de patrocinio e coñece as diferentes formas de apoiar o festival.

Escríbenos por mensaxe privada ou WhatsApp.

Facemos medrar xuntos un festival único. Porque manter vivo o rural tamén é apostar pola cultura.

Ir á web do festivalVer anteriores edicións

Privacy Preference Center