Roteiro ao Castro de Santa Lucía

Data

04/10/2025

Lugar

Castro de Santa Lucía - Freás

Descripción

Historia e viño no Castro de Santa Lucía
O pasado 4 de outubro vivimos unha xornada moi especial no Castro de Santa Lucía de Freás, nun roteiro organizado por Adegas Celme en colaboración con Aldea Vella, no que participaron máis de 30 persoas.
Entre pedras cargadas de historia, descubrimos o antigo lagar romano nunha visita guiada que nos conectou co pasado do territorio.
Alí mesmo, no corazón do castro, sorprendeunos unha cata de viño nun entorno único. A experiencia completouse xa en Adegas Celme, cunha visita á adega e unha degustación de viños acompañados de petiscos.

Roteiro ao Castro de Santa Lucía

Privacy Preference Center