Obradoiro fibras silvestres

Data

27/09/2025

Lugar

A Granxa - Astariz

Descripción

O pasado 27 de setembro de 2025 celebramos en A Granxa (Astariz) un obradoiro de elaboración con fibras silvestres da man do artesán Xosé Manuel Seixas.
Durante a xornada explicouse o proceso completo, dende a recollida e o secado das fibras ata a súa transformación en pezas tradicionais.
Aprendemos a elaborar polainas, a parte inferior que se colocaba sobre os pantalóns para protexerse da chuvia cando os nosos antepasados ían traballar ao campo. Tamén coñecemos as corozas, unha especie de capa feita con fibras naturais que cubría dende a cabeza ata os xeonllos, empregada para resgardarse do frío e da chuvia.
Neste obradoiro centrámonos na elaboración das polainas, recuperando un saber práctico ligado á vida no rural.

Obradoiro fibras silvestres

Privacy Preference Center