III Folk Horror Festival
Data
08/11/2025
Lugar
A Granxa - Astariz
Descripción
Onde o rural amosa o seu lado máis escuro.
Unha xornada única que une cine de terror, o sabor das nosas adegas e a forza do folk rock. Porque a cultura nas nosas aldeas tamén sabe explorar o misterio e a lenda desde unha perspectiva contemporánea e rompedora.
Programación do festival:
-
17:30 h – Curtas de Terror (Primeiro bloque).
-
19:15 h – Cata de Viños Teatralizada en Adegas Celme.
-
20:00 h – Curtas de Terror (Segundo bloque).
-
22:00 h – Concerto de Folk Rock con Guezos.
Organiza a Asociación Cultural Aldea Vella en colaboración con Deputación de Ourense, aitor.uve, Zinemusik Producciones e Adegas Celme.













